Artigos

Fórmate Lugo lanza abre a convocatoria de cursos online con máis de 350 prazas para toda a cidadanía lucense

  • O goberno liderado pola rexedora Lara Méndez a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego presentou esta iniciativa o pasado venres 12 de xuño en conferencia de prensa.
  • Na primeira convocatoria reserváronse máis de 470 prazas en cursos. O 75% das reservas foron realizadas por persoas desempregadas.
  • Os cursos de idiomas completaron todas as prazas dispoñibles en menos de 24 horas.
  • Esta iniciativa, que nace para o apoio e mellora da empregabilidade para persoas en desemprego, afectadas por un ERTE ou autónomos en cese de actividade, amplía a oferta para toda a cidadanía empadroada en Lugo e maior de 16 de anos a partir do martes 23 de xuño ás 10.00h.

Lugo, 18 de xuño de 2020. Este luns 15 de xuño ás 10.00h lanzábase online a primeira plataforma formativa integramente online para os cidadáns lucenses: Fórmate Lugo. Esta iniciativa, presentada pola alcaldesa Lara Méndez, acompañada polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, xorde co obxectivo de combater e paliar os efectos negativos nas áreas de emprego, economía e desenvolvemento da pandemia mundial provocada polo COVID-19. A proposta formativa oferta un total de 850 prazas para 50 cursos online en 14 áreas de especialidade diferentes. En tan só 4 días, máis do 50% das prazas foron cubertas. Esta iniciativa – que inicialmente está orientada principalmente a persoas en desemprego, afectados por ERTE ou profesionais autónomos en situación de cese de actividade- amplía dende este martes 23 de xuño a súa oferta para todos as personas empadroadas en Lugo, maiores de 16 anos. Actualmente quedan disponibles un total de 350 prazas.

A formación en idiomas e a prevención do COVID-19, os cursos de máis éxito.

Nestes dous primeiros días nos que a plataforma comezou a recibir inscricións, son síntoma evidente da vontade e necesidade de potenciar a formación en linguas estranxeiras. En menos de 48 horas esgotáronse todas as prazas disponibles para os cursos en inglés e francés en diferentes niveis. A súa vez, os cursos de manipulador de alimentos, xestión loxística e prevención de riscos laborais COVID-19 son as formacións máis solicitadas polos usuarios, con máis de 30 reservas cada unha. Outras áreas de estudio e experiencia con alta demanda son o Carné Profesional de Limpeza, a xestión de vendas, a xestión do programa Amadeus e a creación de páxinas web con máis de 20 inscricións cada un.

A inscrición estará aberta ata que se completen as prazas. Toda a información relacionada con esta iniciativa pódese consultar a través da web www.formatelugo.gal

O Concello de Lugo oferta 850 prazas de formación online para persoas desempregadas, en ERTE e autónomos

  • Desenvolvemento Local lanza a plataforma Fórmate Lugo cunha ampla oferta formativa gratuíta con 50 cursos distintos en áreas con alta demanda no mercado laboral.
  • A alcaldesa de Lugo anima á veciñanza lucense a reiventarse neste momento de crise derivada do COVID-19 para mellorar a súa empregabilidade.
  • O prazo de inscricións abrirá o vindeiro luns, 15 de xuño, ás 10:00 horas, a través da web FormateLugo.gal

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, presentaron este venres a iniciativa Fórmate Lugo. Trátase dunha nova plataforma online a través da que o Concello de Lugo ofrece 850 prazas gratuítas en 50 cursos de formación para lucenses desempregados ou en situación de ERTE, así como para autónomos en cese de actividade.

Así o avanzou a rexedora quen subliñou que “esta plataforma é unha mostra máis do compromiso do executivo municipal polas políticas activas de emprego, nun momento especialmente delicado pola situación que nos tocou vivir nos últimos meses”.

Lara Méndez, que animou ás e aos lucenses “a reiventarse nesta etapa de crise”, explicou que “dende o Concello apostamos pola formación como ferramenta indispensable para mellorar a empregabilidade da cidadanía e para reimpulsar os negocios e pemes lucenses tralo confinamento. Por iso, lanzamos Fórmate Lugo, unha ampla oferta formativa online dirixida aos colectivos máis afectados polas consecuencias da crise, co obxectivo de incrementar os seus coñecementos, axudar a mellorar a súa empregabilidade, e promover a súa inserción laboral a través da formación en competencias e capacitación”.

Fórmate Lugo contempla 14 áreas profesionais, poñendo a disposición dos lucenses cursos online de idiomas, márketing, administración de empresas, informática, loxística, turismo, industria alimentaria ou prevención contra a Covid-19, entre outros. Deste xeito, poderase elixir entre unha gran variedade de materias ou áreas máis técnicas, como programación ou sistemas de bases de datos, competencias moi demandadas na dixitalización que experimenta o mercado.

As áreas e os cursos que se impartirán foron seleccionados despois dun traballo de análise previo de necesidades desenvolvido polo servizo de Orientación Laboral do Concello, que tamén tivo en conta na elección das materias aquelas que teñen unha alta demanda no mercado laboral actual.  

Pola súa parte, o edil de Desenvolvemento Local e Emprego subliñou “a boa acollida que están a ter as diferentes programacións postas en marcha polo executivo para facer fronte á crise do coronavirus entre o tecido empresarial e a cidadanía” e animou a todos os interesados a “aproveitar este novo recurso para mellorar o seu perfil profesional e ampliar os seus coñecementos e competencias investindo tempo en formación coa fin de adaptarse a un mercado laboral cada vez máis competitivo”.

Prazo de inscricións e requisitos dos participantes

O prazo para matricularse nos cursos abrirá o vindeiro luns, 15 de xuño, ás 10:00 horas a través da páxina web FormateLugo.gal. Os requisitos para realizar un curso son: ser maior de 16 anos, estar empadroado/a en Lugo e estar en situación de desemprego, afectado por un ERTE, ou ser autónomo en situación legal de cese de actividade, no momento da solicitude.

Unha vez inscritos, os cursos realizaranse de forma totalmente online nunha plataforma dispoñible as 24 horas do día, todos os días da semana, para maior comodidade do alumnado. Ademais, poderase acceder dende calquera tipo de dispositivo: tanto ordenador, como tablet ou móbil. As horas de aprendizaxe dependerán de cada curso, pero oscilan entre un mínimo de 15 horas e un máximo 210.

As persoas que completen satisfactoriamente o curso online, recibirán un diploma acreditativo emitido polo Concello de Lugo. Toda a información sobre Fórmate Lugo e as particularidades desta oferta formativa pódense consultar de forma detallada na páxina web FormateLugo.gal

5 consellos para adaptarse ás novas tecnoloxías e á transformación dixital

Non cabe dúbida que hai unha serie de accións que forman parte das nosas xestións diarias e que en moitas ocasións facíanse de forma presencial como cubrir formularios, solicitar contrasinais ou completar transaccións en tendas físicas. Na sociedade actual, estas prácticas quedaron obsoletas.

Tras a pandemia mundial provocada polo Covid-19, as empresas están a entrar no mundo dixital, e en moitas ocasións aínda non están adaptadas xa que descoñecen os conceptos ou ferramentas necesarias para adaptar os seus servizos. Por todo iso, recollemos unha serie de consellos para que tantos traballadores como empresas adáptense á transformación dixital.

Aproveita as tecnoloxías dispoñibles

Que podemos facer por Internet de forma persoal e/ou profesional?

  • Pagos electrónicos.
  • Crear acceso a través de códigos.
  • Recibir notificacións, informacións oficiais e cartas certificadas.
  • Comprobación de identidade a través de certificados dixitais.
  • Envío automático de recibos e comprobantes.
  • Seguimento e análise da actividade dun usuario para lembrar as súas preferencias.
  • Acceso multiplataforma e responsive.

Os smartTV, smartphones, tablets e wearables están a tomar un rol fundamental tanto para uso doméstico como profesional.

Explora novas formas de comunicación e interacción

Por suposto, apostar pola comunicación de mensaxería instantánea, os grupos de traballo ou workplace en redes sociais, os servizos de videoconferencia como Meet, Skype, Zoom entre outros e tamén ademais do clásico correo electrónico, os sistemas de almacenamento na nube como Drive, Dropbox, etc. Este consello non soamente para a comodidade no contacto, se non por manter un rexistro das conversacións que permita volver a elas.

Aproveita a monitorización e seguimento das túas actividades

Unha gran vantaxe dos proxectos dixitais é que teñen a posibilidade de medir con precisión a efectividade das súas accións e as respostas dos usuarios. Como os usuarios e as tendencias cambian con certa frecuencia, é importante que as medicións sexan constantes e que as súas conclusións se traduzan para optimizar para adaptar as estratexias.

Documentos colaborativos, traballo en liña e comunicación compartida

As empresas poden traballar en plataformas colaborativas e producir documentos online, o que facilitará o traspaso de información e a súa adaptación para canles dixitais.

Control de acceso e checking de seguimento de traballo

Lembra que controlar os horarios, o volume de traballo e as modificacións realizadas é bastante sinxelo con plataformas dixitais a modo de intranet dunha empresa, ou dunha aula virtual dun centro de formación.

Como vai ser a formación na era dixital?

Actualmente estamos a experimentar como sociedade, unha serie de cambios no noso estilo de vida: medidas de seguridade, modificacións nos nosos hábitos e costumes, novas formas de consumo e innovacións tecnolóxicas que nos axudan a albiscar e contemplar un futuro diferente do esperado tras a pandemia mundial provocada polo Covid-19.

Sen dúbida, a docencia e a formación conforme coñecémola vai sufrir un cambio drástico pero transcendental que camiñará cara a adaptarse á transformación dixital tanto por parte dos profesores como dos alumnos. É por iso que queremos destacar as múltiples aplicacións e recursos online que favorecen cara a que esta adaptación e o tempo investido en mellorar no manexo das novas tecnoloxías, dá resultado e obtés os seus froitos en poucos días.

Que recursos temos para mellorar a formación na era dixital?

  • Acceso a través de Internet de recursos en liña como documentos, ligazóns, arquivos multimedia de audio e vídeo.
  • Posibilidade de subir e compartir arquivos en foros e a través da nube.
  • Chats, grupos de mensaxería e conversacións en liña para compartir información e opinións entre alumnos e profesores.
  • Videoconferencias individuais ou grupales cos docentes ou cos compañeiros de clase.
  • Control de acceso á aula virtual que valora as veces e horarios nos que accede o-o alumno-a.
  • Vídeos personalizados realizados polos docentes para realizar as sesións de formación
  • Os cursos online como solución formativa na sociedade actual.

Tras o decreto do Estado de Alarma en España o 14 de marzo, as escolas e centros de educación e ensino comprobaron que non podían abrir para dar as clases aos seus alumnos-as e tiveron que adaptarse ás clases online. As modificacións nas aulas supoñen reducir o número de alumnos no interior e potenciar a formación online e recursos dixitais para o alumnado. É por iso, que sen dúbida, iniciativas como Fórmache Lugo axudan a comezar a adaptarse aos novos procesos de formación, como opción e alternativa para continuar avanzando na mellora do uso das novas tecnoloxías.

As claves da formación online, unha tendencia en alza

Desde comezos do século XXI coa expansión do acceso á rede para a maioría da poboación mundial, foronse incorporando servizos de todo tipo que fosen accesibles por Internet. Chats, compra e venda online, redes sociais, servizos gobernamentais, solicitude de citas previas… Por suposto, foronse perfeccionando as plataformas de teleformación, cursos online ou tamén e mellor definido, formación online.

É o momento de formarse a través de Internet

Debido ao estado de alarma a nivel mundial motivado pola pandemia provocada polo Covid-19, a cidadanía vémonos obrigados a permanecer nos nosos fogares, adaptarnos a esta situación desenvolvendo o teletraballo e creando un espazo de traballo confortable no noso domicilio. Isto, tamén sucede no caso da formación. Xa os máis pequenos nas súas actividades escolares, están a recibir formación online, que permite compartir vídeos, audios, presentacións, realizar test e exames e contar con apuntamentos e textos dispoñibles.

Vantaxes da formación online ou a teleformación

Por iso, moitos dos cursos e certificados de formación xa se adaptaron ante a nova posibilidade de que o seu alumnado poida acceder dunha forma máis cómoda e práctica ao curso que desexe realizar. Sen dúbida, a formación online presenta vantaxes moi destacables fronte á formación presencial:

  • Aforro de custos: resulta moito máis económico á hora de investir nunha plataforma na que o usuario soamente necesita un dispositivo e acceso a Internet. Non require de dispor dun centro de estudo, formación ou traballo.
  • Adaptabilidad: Ao non estar suxeito a horarios, permite flexibilidade á hora de realizar o curso e está dispoñible durante 24 horas, todos os días do ano.
  • Innovación tecnolóxica: a medida que se implementan novos sistemas, estes permiten que descubramos novas formas de relacionarnos coa tecnoloxía e aproveitarnos dela.
  • Variedade e ampla oferta: desde cursos de idiomas, pasando por cursos de prevención de riscos laborais a realizar un curso de industria química. Na variedade, como se adoita dicir, está o gusto.

Sen dúbida, esta experiencia que propón Ribeira.Academy pode ser un excelente punto de partida para comezar unha estreita relación coa formación online.