Por que é tan necesaria a formación online?

Non cabe dúbida que todo o sucedido durante esta pandemia mundial e a nova normalidade e realidade á cal nos temos que enfrontar os seres humanos a partir de agora, supón un cambio radical no noso estilo de vida e en adaptarse a novas formas de realizar o noso traballo, as nosas relacións persoais e profesionais e por suposto, tamén a nosa formación. É por iso que a alfabetización dixital, a adaptación e adecuación dos usuarios ás novas tecnoloxías, programas informáticos e novos dispositivos, é vital para que #ante esta nova realidade, podamos desenvolver a nosa carreira profesional e académica e converternos en profesionais formados e cualificados para diferentes postos de traballo, mellorando a nosa empregabilidade.

Que ofrece a formación online?

En primeiro lugar, trátase dunha formación que permite un acceso á mesma por parte do alumno-a, a condición de que teña un dispositivo e conexión a Internet, de 24 horas ao día durante os 365 días ao ano. É dicir, o alumno a través dunha plataforma dixital, pode conseguir ter múltiples recursos multimedia de todo tipo: apuntamentos, textos, imaxes, infografías, presentacións, vídeos e audios que facilitan a comunicación por parte do equipo docente co alumno para absorber a comunicación. Para que o alumno responda, pódense realizar test, exames, probas de velocidade e mesmo probas orais (a través do micrófono cáptase a voz do alumno-a). Por iso, a comunicación entre o equipo docente e o alumno é completa, incluso coordinando conexións en directo, videoconferencias que serven de titorías para levar a cabo un seguimento da proxección e evolución do alumnado.

Que inconvenientes pode ter?

En primeiro lugar, o contacto humano de forma directa e presencial. Isto é evidente, pero #ante esta nova realidade está claro que nos veremos obrigados a limitar os contactos físicos e persoais. Imaxinádesvos unha aula cos alumnos separados por biombos, a 2 metros de distancia e sen que se poidan mover dos seus asentos nin establecer contacto co docente? Sen dúbida, complicaría bastante a fluidez da formación e a comodidade tanto do docente como do alumnado do transcurso da clase. Por outra banda, un dos problemas evidentes que poden xurdir é a velocidade ou estabilidade da conexión, dependente principalmente de cortes puntuais, o servizo da internet na zona (actualmente as zonas rurais ven afectadas por unha conexión máis deficiente) ou inclemencias meteorolóxicas que poidan producir fallos na subministración. Por último, sen dúbida, a experiencia do usuario á hora de desenvolver a súa formación coa plataforma, os dispositivos e por suposto, a relación co contido, os compañeiros (foros de discusión) e o seu docente. Este será o factor determinante (do mesmo xeito que sucede na formación presencial).