Fórmate Lugo lanza abre a convocatoria de cursos online con máis de 350 prazas para toda a cidadanía lucense

  • O goberno liderado pola rexedora Lara Méndez a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego presentou esta iniciativa o pasado venres 12 de xuño en conferencia de prensa.
  • Na primeira convocatoria reserváronse máis de 470 prazas en cursos. O 75% das reservas foron realizadas por persoas desempregadas.
  • Os cursos de idiomas completaron todas as prazas dispoñibles en menos de 24 horas.
  • Esta iniciativa, que nace para o apoio e mellora da empregabilidade para persoas en desemprego, afectadas por un ERTE ou autónomos en cese de actividade, amplía a oferta para toda a cidadanía empadroada en Lugo e maior de 16 de anos a partir do martes 23 de xuño ás 10.00h.

Lugo, 18 de xuño de 2020. Este luns 15 de xuño ás 10.00h lanzábase online a primeira plataforma formativa integramente online para os cidadáns lucenses: Fórmate Lugo. Esta iniciativa, presentada pola alcaldesa Lara Méndez, acompañada polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, xorde co obxectivo de combater e paliar os efectos negativos nas áreas de emprego, economía e desenvolvemento da pandemia mundial provocada polo COVID-19. A proposta formativa oferta un total de 850 prazas para 50 cursos online en 14 áreas de especialidade diferentes. En tan só 4 días, máis do 50% das prazas foron cubertas. Esta iniciativa – que inicialmente está orientada principalmente a persoas en desemprego, afectados por ERTE ou profesionais autónomos en situación de cese de actividade- amplía dende este martes 23 de xuño a súa oferta para todos as personas empadroadas en Lugo, maiores de 16 anos. Actualmente quedan disponibles un total de 350 prazas.

A formación en idiomas e a prevención do COVID-19, os cursos de máis éxito.

Nestes dous primeiros días nos que a plataforma comezou a recibir inscricións, son síntoma evidente da vontade e necesidade de potenciar a formación en linguas estranxeiras. En menos de 48 horas esgotáronse todas as prazas disponibles para os cursos en inglés e francés en diferentes niveis. A súa vez, os cursos de manipulador de alimentos, xestión loxística e prevención de riscos laborais COVID-19 son as formacións máis solicitadas polos usuarios, con máis de 30 reservas cada unha. Outras áreas de estudio e experiencia con alta demanda son o Carné Profesional de Limpeza, a xestión de vendas, a xestión do programa Amadeus e a creación de páxinas web con máis de 20 inscricións cada un.

A inscrición estará aberta ata que se completen as prazas. Toda a información relacionada con esta iniciativa pódese consultar a través da web www.formatelugo.gal