As claves da formación online, unha tendencia en alza
Desde comezos do século XXI coa expansión do acceso á rede para a maioría da poboación mundial, foronse incorporando servizos de todo tipo que fosen accesibles por Internet. Chats, compra e venda online, redes sociais, servizos gobernamentais, solicitude de citas previas… Por suposto, foronse perfeccionando as plataformas de teleformación, cursos online ou tamén e mellor definido, formación online.
É o momento de formarse a través de Internet
Debido ao estado de alarma a nivel mundial motivado pola pandemia provocada polo Covid-19, a cidadanía vémonos obrigados a permanecer nos nosos fogares, adaptarnos a esta situación desenvolvendo o teletraballo e creando un espazo de traballo confortable no noso domicilio. Isto, tamén sucede no caso da formación. Xa os máis pequenos nas súas actividades escolares, están a recibir formación online, que permite compartir vídeos, audios, presentacións, realizar test e exames e contar con apuntamentos e textos dispoñibles.
Vantaxes da formación online ou a teleformación
Por iso, moitos dos cursos e certificados de formación xa se adaptaron ante a nova posibilidade de que o seu alumnado poida acceder dunha forma máis cómoda e práctica ao curso que desexe realizar. Sen dúbida, a formación online presenta vantaxes moi destacables fronte á formación presencial:
- Aforro de custos: resulta moito máis económico á hora de investir nunha plataforma na que o usuario soamente necesita un dispositivo e acceso a Internet. Non require de dispor dun centro de estudo, formación ou traballo.
- Adaptabilidad: Ao non estar suxeito a horarios, permite flexibilidade á hora de realizar o curso e está dispoñible durante 24 horas, todos os días do ano.
- Innovación tecnolóxica: a medida que se implementan novos sistemas, estes permiten que descubramos novas formas de relacionarnos coa tecnoloxía e aproveitarnos dela.
- Variedade e ampla oferta: desde cursos de idiomas, pasando por cursos de prevención de riscos laborais a realizar un curso de industria química. Na variedade, como se adoita dicir, está o gusto.
Sen dúbida, esta experiencia que propón Ribeira.Academy pode ser un excelente punto de partida para comezar unha estreita relación coa formación online.