Sentímolo, todas as prazas completáronse. Moitas grazas.
Benvid@s a Fórmate Lugo
A pandemia da COVID-19 e o consecuente Estado de Alarma provocaron no noso país unha situación excepcional que afectou de forma directa ao emprego, producíndose unha caída substancial da man de obra, tanto pola perda de emprego como pola aplicación de ERTES ou paros parciais.
Para facer fronte a esta situación, dende o Concello de Lugo estamos a poñer en marcha numerosas medidas coas que paliar os efectos da crise e reimpulsar a economía da cidade. Entre elas destaca o Plan Reanima, co que inxectamos 5 millóns de euros en axudas directas a autónomos, empresarios e familias.
Neste senso, lanzamos ‘Fórmate Lugo’, unha nova plataforma de teleformación coa que seguimos a impulsar as políticas activas de emprego co obxectivo de axudar a mellorar a empregabilidade das persoas, así como promover a súa inserción laboral a través da formación en competencias, coñecementos e capacitación.
Agardamos que esta ferramenta sexa de gran utilidade para todos e todas. Dende o Concello de Lugo seguiremos a apoiar aos traballadores, autónomos e pemes para saír máis reforzados desta situación.
Ánimo e moita sorte!
Lara Mendez
Alcaldesa de Lugo
Mauricio Repetto
Edil de Desenvolvemento Local e Emprego
Prazas dispoñibles
Cursos online diferentes
Categorías profesionais
O Concello de Lugo lanza unha gran oferta formativa online, “Fórmate Lugo”, que consiste en 850 prazas para 50 cursos online diferentes. Este plan busca mellorar os efectos sobre a empregabilidade que provocou a crise da COVID-19.
Debido a unha situación económica máis complexa, é de vital importancia mellorar o perfil profesional e investir tempo en formación para desenvolver as competencias esixidas nunha contorna cada vez máis tecnolóxica e cambiante.
«Aproveita a oportunidade de mellorar o teu perfil profesional investindo tempo en formación online»
Esta oferta de cursos online está dirixida a potenciar a formación das persoas máis afectadas pola situación actual, que estean empadroadas no Concello de Lugo, sexan desempregadas ou estén afectadas por unha situación de ERTE ou sexan autónomas en situación legal de cesamento da súa actividade.
* No caso de que quedasen prazas vacantes, as persoas empadroadas en Lugo, sen ter que cumprir os demais requisitos sinalados, poderán solicitar a súa matriculación nos cursos de formación online.